ABANCA e o Colexio da Arquitectura Técnica de Lugo traballan en novas opcións de crédito para os colexiados
Publicada el 25/01/23

O banco e o Colexio poñen o foco nunha colaboración que busca alternativas de financiamento para facer fronte ao escenario económico actual.

ABANCA pon a disposición dos colexiados e colexiadas e das súas familias un catálogo baseado na atención personalizada e solucións a medida.

ABANCA e o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Lugo veñen de asinar un acordo de colaboración co foco posto na mellora do acceso ao crédito dos colexiados e colexiadas e das súas familias. A través deste convenio poderán dar resposta ás necesidades destes profesionais nun momento especialmente marcado polo escenario macroeconómico actual.

O documento foi rubricado esta mañá en Lugo pola directora territorial de ABANCA en Lugo, Zaira Dapena, e o presidente do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Lugo, José Manuel Grandío. Durante a firma, ambos representantes conversaron sobre os principais desafíos aos que se enfronta o colectivo e abordaron as súas necesidades co foco posto en ofrecer solucións financeiras a medida para o futuro.

O acordo recolle tamén unha serie de condicións especiais para a contratación de produtos e servizos do banco creados especificamente para mellorar a competitividade do sector, como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario ou avais.

ABANCA tamén se compromete a apoiar as necesidades actuais dos profesionais da arquitectura técnica lucense para tratar de reducir ao máximo posible os efectos derivados da escalada da inflación ou da evolución da economía. Deste modo, o banco pon a disposición dos colexiados e colexiadas as liñas de financiamento dos organismos públicos do ICO, Igape e SGR galegas, que tramita con especial dilixencia.

A maiores, a entidade financeira aposta pola formación e o desenvolvemento profesional dos colexiados e colexiadas e dos seus descendentes a través dunha serie de préstamos para a realización de programas de formación de grao ou máster, en universidades tanto públicas, como privadas. Así mesmo, o convenio especifica a posibilidade de que os profesionais adheridos podan acceder a tarifas personalizadas na alta e mantemento de dispositivos TPV físicos e virtuais, así como a condicións financeiras vantaxosas para atender ás súas necesidades e ás dos seus familiares a través de produtos como a Tarifa Plana de ABANCA Seguros ou os fondos de inversión.

As persoas colexiadas e as súas familias poderán dar cobertura ás súas necesidades a través da unidade especializada ABANCA Persoal, que ofrece un servizo de asesoramento e xestión integral. Tamén poderán acceder a un amplo catálogo de produtos propios e contarán con xestores especializados en materia de seguros e banca electrónica. O documento tamén recolle de maneira específica o acceso á Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que permite agrupar os seguros contratados no banco para así fraccionar mensualmente os pagos. Todo sen intereses, nin comisións e coa posibilidade de obter ata un 7% de bonificación.

Ficheros
  • No hay ficheros en esta noticia.
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.