DECRETO 61/2021 IGVS Informe Avaliación Edificios
PORTADANOTICIAS
Publicada el 31/05/21

O pasado 20 de abril publicouse no DOG Nº 73 o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o Informe de Avaliación dos Edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios, que entró en vigor o 20 de maio. O Informe de Avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, analiza as súas condicións de accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética. Para a elaboración deste Informe, deberáse utilizar a aplicación informática que está no portal do IGVS: IAE (xunta.gal)

De acordo con este decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de 50 anos ou máis dispoñen dun ano para presentar o informe de avaliación no concello, onde estea situado o seu edificio, para que se inscriba no rexistro galego de informes de avaliación, REGIAE. O concello, mediante normativa municipal, poderá estender a obriga da reali-zación de este informe a edificios de outros usos ou edificios de antigüidade menor aos 50 anos; tamén poderán establecer un contido maior do IAE.

Este Informe deberá ser elaborado ou subscrito por persoal técnico competente, que estea en posesión de calquera das titulacions académicas e profesionais habilitantes para a redacción de proxectos, a dirección de obras ou a dirección de execución das obras de edificacion de acordo co establecido na Lei 38/1999 de ordenación da edificación.

Ficheros
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.