PRESENTACIÓN NOVO PORTAL WEB URBANISMO
Publicada el 10/06/24

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comprácese en convidalo á Charla Informativa sobre a Presentación do novo sitio web: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/es, que se celebrará o vindeiro día 12 de xuño, ás 12:00h, no Salón de Actos da Escola Galega da Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.

A Semana da Administración Aberta, é unha iniciativa impulsada a nivel mundial pola Alianza para o Goberno Aberto (Open Gov Week), que ten como principal obxectivo achegar as Administracións Públicas á cidadanía, baseándose nos principios nos que se sustenta o Goberno Aberto: a transparencia, a rendición de contas, a participación cidadá, a integridade pública e a colaboración.

Dende a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras, considérase que esta celebración permitirá dar a coñecer a organización da administración autonómica e a prestación dos servizos públicos, así como das ferramentas que se xestionan nos nosos departamentos, nomeadamente, en materia de urbanismo e planificación do territorio, e que seguen a ser descoñecidas, pero que resultan dunha gran utilidade.

Pero fundamentalmente, é unha oportunidade para que dende a administración poidamos escoitar as inquedanzas e suxestións directas de todas as persoas implicadas no eido do urbanismo e da cidadanía en xeral, polo que tamén este acto supón unha acción de achegamento e nos brinda a ocasión de poder mellorar a prestación dos servizos públicos.

Para a inscrición desta xornada, que será gratuíta, por razóns organizativas, deberá procederse a través do seguinte enderezo.

sxurb@xunta.gal

Ficheros
  • No hay ficheros en esta noticia.
Relaciones
  • No hay relaciones en esta noticia.