O Instituto Nacional de Saúde e Hixiene no Traballo, INSHT, publicou estas Nota Técnicas de Prevención, NTP, recentemente, sobre XESTIÓN DE SEGURIDADE EN OBRAS SEN PROXECTO
A NTP 1.071 resume de forma esquemática os criterios xerais para a xestión da seguridade e saúde nas obras de construción sen proxecto e proporciona orientacións para a súa aplicación práctica nunha obra sen proxecto que ten lugar nun centro de traballo no que se desenvolve outra actividade distinta á de construción. Pola súa banda, a NTP 1.072 é complementaria á NTP 1.071 e proporciona, mediante o desenvolvemento dun suposto práctico, recomendacións para a adecuada xestión da seguridade e saúde nunha obra sen proxecto de mellora nunha comunidade de propietarios. As NTP son guías de boas prácticas. As súas indicacións non son obrigatorias salvo que estean recollidas nunha disposición normativa vixente. A efectos de valorar a pertinencia das recomendacións contidas nunha NTP concreta é conveniente ter en conta a súa data de edición.