PREMAAT_20.03.31: Indemnización ILT por Coronavirus

PREMAAT informounos que, continuando coas medidas extraordinarias ante a situación excepcional que estamos vivindo, e co obxectivo de axudar aos nosos mutualistas nestes complexos momentos, xa definíu o número de días para calcular a indemnización da infección por coronavirus na prestación de Incapacidade Laboral Temporal.

Tras facer os estudos pertinentes e comprobar a viabilidade, Premaat decidíu asumir o custo de reducir a franquicia dos 7 días habituais a 4, para poder elevar as cuantías das indemnizacións. 

Mais información na web de PREMAAT: http://www.premaat.es/?p=25736